CURRÍCULUM: DE EMMA PEREZ-CHACÓN
Doutora en “Xeografía e Ordenación do Territorio” pola Universidade de Toulouse-Le Mirail (Francia). Na actualidade é catedrática de xeografía física pola Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, onde imparte docencia en materias relacionadas coa xeografía física e estudos da paisaxe. Ten publicados varios traballos sobre análise integrado da paisaxe e a súa aplicación na planificación territorial, prestando un especial interese ás alteracións antrópicas dos sistemas naturais. Participou en diversos proxectos de investigación relacionados coa avaliación do potencial do medio físico e o contido ambiental do planeamento urbanístico, desenvolvendo metodoloxías específicas. Na actualidade coordina o grupo de investigación da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria “Geografía Física y Medio Ambiente” e dirixe o proxecto de investigación I+D “Modelización de los procesos naturales y análisis de las Dunas de Maspalomas (Gran Canaria, Islas Canarias)”.REN 2003-05947, financiado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Tamén coordinou a elaboración dos “Recursos didácticos en Geografía”, publicados na web da Asociación de Geógrafos Españoles e realizados en colaboración co Instituto Geográfico Nacional / Centro Nacional de Información Geográfica (Ministerio de Fomento).
“APRENDER XEOGRAFIA DE ESPAÑA A TRAVÉS DA PAISAXE E COA WEB”.
O relatorio xira sobre dous eixes: por unha banda, vense a reflexionar sobre o interese de empregar o concepto de paisaxe como recurso didáctico para a ensinanza da xeografía de España; e pola outra, amósanse as posibilidades de incorporar ese concepto a través de recursos en liña deseñados con esa finalidade. Tamén se presentan os resultados dunha avaliación inicial destos materiais, feita a través dunha experiencia piloto en curso.
A paisaxe representa un recurso didáctico excepcional para a ensinanza da xeografía en xeral, e da xeografía de España en particular. Abrangue a paisaxe como un sistema, permite integrar o obxecto territorial e o seu funcionamento socio-ecolóxico, a imaxe que éste proxecta e os efectos que produce no observador, así como os comportamentos sociais que se tiran de todo iso. Por conseguinte, aprender a “ler” na paisaxe abre un enorme campo de posibilidades, pois permite “ver” no territorio a expresión directa das complexas relacións que se establecen entre natureza e sociedade; analizalas, valorar a súas consecuencias e, ao mesmo tempo, reflexionar sobre a importancia da paisaxe na nosa calidade de vida. O emprego deste concepto como recurso didáctico permitiría superar os enfoques excesivamente cartesiáns que aínda se están a empregar, con moita frecuencia, na ensinanza da xeografía de España, onde o alumno percibe de xeito analítico os diferentes compoñentes (relevo, clima, vexetación, poboación, etc.), pero atopa dificultade para establecer interrelacións ente eles e, máis aínda, determinar como se expresan nun territorio dado.
A incorporación de novas tecnoloxías nos procesos de ensinanza-aprendizaxe engade un compoñente de motivación importante no alumnado que ten unha cultura cada vez máis visual, onde Internet e o traballo a través do ordenador exercen un indubidable poder de atracción. En paralelo, os recursos empregados para impartir xeografía de España limítanse excesivamente á análise de datos estatísticos e textos, e poucas veces se empregan outros recursos como a cartografía, a fotografía aérea ou as imaxes concretas dos procesos territoriais que se explican. Por outra banda, os recursos didácticos en xeografía, dispoñibles na rede, atópanse moi dispersos e, ata non hai moito, eran realmente escasos.
Neste contexto, a Asociación de Geógrafos Españoles (AGE), en colaboración co Instituto Geográfico Nacional / IGN) e o Centro de Nacional de Información Geográfica (CNIG), plantexáronse iniciar un proxecto para incorporar na rede recursos didácticos en xeografía. Desde xaneiro de 2005 xa están dispoñibles na web da Asociación de Geógrafos Españoles os primeiros módulos deste proxecto, que se irán incrementando progresivamente. Un deles está centrado nas paisaxes españolas, e o seu deseño ofrece material gráfico e cartográfico, así coma un breve texto explicativo, que permite organizar prácticas na materia de xeografía de España para o segundo curso de bacharelato. A aplicación permite elixir entre 38 exemplos de distintos tipos de paisaxes, estructurados seguindo os grandes bloques temáticos desta materia, e localizados en diferentes ámbitos xeográficos. Con este material levouse adiante unha experiencia piloto durante este curso, froito da cal obtivéronse interesantes orientacións didácticas e suxerencias para mellorar a citada web.
PÁXINAS WEB de interese:
- Asociación de Geógrafos Españoles:
HYPERLINK “http://www.age.es” , http://www.age.es
.No seu apartado de “Recursos didácticos” presenta un módulo adicado a paisaxe, con 38 fichas de diferentes paisaxes españois organizadas segundo a seguinte tipoloxía: naturais, rurais, industriais, turísticos, urbáns e “paisaxes problema”.
- Conseil de l´Europe (2000): Convention européenne du paysage. Série des traités européens nº 176. http:// HYPERLINK “http://www.coe.int”, www.coe.int
. Atópase o texto da Convención Europea da Paisaxe e as actividades relacionadas con esta iniciativa.
- Fundación “la Caixa” Obra Social. Educalia: HYPERLINK “http://www.educalia.org/”
http://www.educalia.org
. No apartado de Ensinanza Secundaria, e dentro de “Consigue un territorio sostenible”, atópase unha web adicada a paisaxe desde a súa perspectiva didáctica. A metodoloxía estructúrase nos seguintes apartados: observa, clasifica, investiga e actúa.
- Instituto Geográfico Nacional: HYPERLINK “http://www.ign.es” , http://www.ign.es
.Ofrece información cartográfica de gran utilidade para a ensinanza da xeografía de España.
BIBLIOGRAFÍA de interese:
BENAYAS, J; HERAS, F.; VICENTE, J.; MARCÉN, C.; PINO, E.; PEDRO, J. (1994): Viviendo el paisaje. Guía didáctica para interpretar y actuar sobre el paisaje. Fundación NatWest, Fundación para la Investigación y el Desarrollo Ambiental, 151 p. Madrid.
BOLÒS, M., BOVET, M.T., ESTRUCH, X., PENA, R., RIBAS, J. y SOLER, J. (1992): Manual de Ciencia del Paisaje, Ed. Masson, 273 p., Paris.
BUREL, F. y BAUDRY, J. (2002): Ecología del Paisaje. Concepto, métodos y aplicaciones, Ed. Mundi-Prensa, 353 p., Madrid.
CABERO, V.; GARCÍA L.V.; MARTÍNEZ DE PISÓN, E.; MUÑOZ, J.; ORTEGA, N.; SANZ, C.; TROITIÑO, M.A.; ZOIDO, F. (1998): Paisaje y medio ambiente, Ed. Fundación Duques de Soria, Endesa y Universidad de Valladolid, 152 p., Salamanca.
CANCER, L.A. (1999): La degradación y la protección del paisaje, Ed. Cátedra, 247 p., Madrid.
MARTÍNEZ DE PISÓN, E. (1998): Imagen del paisaje. La Generación del 98 y Ortega y Gasset. Ed. Caja Madrid. 222 pp., Madrid.
PÉREZ-CHACÓN, E. (1999): Líneas metodológicas en los estudios de paisaje. Actas de Ponencias del III Congreso de Ciencia del Paisaje y Turismo, Universidad de Barcelona, Vol. III, pp. 65-102.
PÉREZ-CHACÓN, E. (2002): Unidades de paisaje: Aproximación científica y aplicaciones. En: Zoido y Venegas (coord..), Paisaje y ordenación del territorio. Consejería de Obras Públicas y Transportes de la Junta de Andalucía y Fundación Duques de Soria. Sevilla, pp. 122-135.
ROUGERIE, G. y BEROUTCHACHVILI, N. (1991): Géosystèmes et paysages. Bilan et méthodes, Ed. Armand Colin, 302 p., Paris.
ZONNEVELD, I.S. (1995): Land Ecology, Ed. SPB Academic Publishing, 199 p., Amsterdam.
ZOIDO, F. Y VENEGAS, C. (coord.) (2002): Paisaje y ordenación del territorio. Consejería de Obras Públicas y Transportes de la Junta de Andalucía y Fundación Duques de Soria, 353 p., Sevilla.
INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL (2002): Imagen y paisaje. Ed.Inmstituto Geográfico Nacional/Centro Nacional de Información geográfica, Ministerio de Fomento, 227 p., Madrid.


