Galicia durante os ss. XVI-XIX; enquisa test

por

HISTORIA MODERNA E CONTEMPORANEA

GALICIA DURANTE OS SÉCULOS XVI A XIX

A EVOLUCIÓN DE GALICIA BAIXO OS AUSTRIAS.

8.1.1.- Organización institucional do reino de Galicia.

(1) 8.1.1.1/2/3.- A principios do s.XVI o reino de Galicia está integrado na Coroa de Castela. Na ausencia do rei, a maxistratura superior corresponde ao Gobernador que presidía a Audiencia (funcións executivas e xudiciais), establecida tralas revoltas irmandiñas da 2ª metade do s.XV con sede en: 1) A Coruña; 2) Santiago; 3) Vigo.

(2) 8.1.1.4.- A Xunta do Reino, constituida polos representantes das vilas galegas máis importantes, era a institución que, nominalmente máis que realmente, defendía os intereses de Galicia, sen representación nas Cortes de Castela ata o século: 1) XIX (1823); 2) XVIII (1723); 3) XVII (1623).

(3) 8.1.1.5.- A administración local estaba conformada polos Concellos, presididos por un : 1) Inquisidor; 2) Correxidor; 3) Contador de Facenda.

8.1.2.- As estancias rexias e os portos galegos.

(4) 8.1.2./2/3.- A importancia de Galicia na política da Monarquía é marxinal. Resulta significativa as escasas estancias reais no territorio galego, sempre con motivacións concretas moi interesadas para a Coroa (cfr., Carlos V e as Cortes de Santiago e A Coruña). Aínda así temos que salientar o labor diplomático do Conde de: 1) Lemos; 2) Monterrei; 3) Gondomar.

8.1.3.- A poboación.

(5) 8.1.3.1/2/3/4/5/6.- Durante o Antigo Réxime, a poboación de Galicia coñeceu un rexime de altas tasas de natalidade e mortalidade e consecuentemente dun crecemento moi lento. Habería , sin embargo, que diferenciar unha dinámica coa secuencia: 1) crecemento-crise-crecemento máis acusado; 2) crise-crecemento-crecemento máis acusado; 3) crise-crise menos acusada-crecemento.

ECONOMÍA E SOCIEDADE DURANTE OS Ss. XVI A XVII.

8.2.1.- A producción agraria.

(6) 8.2.1.1/2/3.- A agricultura galega nos ss. XVI-XIX coñeceu unha transformación espectacular a prol do aumento demográfico que se concretou no aumento do espacio cultivado e da productividade, pola supresión do barbeito e pola a introducción de novos cultivos, como: 1) o mijo; 2) a pataca; 3) o arroz.

(7) 8.2.1.4.- As prácticas agropecuarias en relación á estructura da propiedade da terra non amosou cambios desde a Baixa Idade Media coa consolidación dun complexo sistema de foros, especie de contratos: 1) de arrendamento; 2) de donación; 3) de compraventa.

8.2.2.- A artesanía, a pesca e o comercio.

(8) 8.2.2.1/2(3,4).- A producción artesanal e o comercio non experimentaron un crecemento comparable ás actividades agrarias ou as pesqueiras. Estas últimas, tiveron como incentivo a forte demanda: 1) portuguesa; 2) catalana; 3) castellana.

8.2.3.- A sociedade galega durante os ss. XVI e XVII

(9) 8.2.3.1.- Na estructura social de natureza estamental destaca a importancia do clero e da fidalguía na súa función de liderazgo e de encadramento da poboación, así como a organización dos sectores productivos para a defensa dos seus intereses corporativos en: 1) confrarías; 2) sindicatos; 2) irmandades.

8.3.- O SÉCULO XVIII: O REFORMISMO BORBÓNICO. 

8.3.1.- Política e administración na Galicia ilustrada.

(10) 8.3.1.1.- Na guerra de Sucesión (1700-14) coa que se instaura Monarquía hispánica unha dinastía borbónica, Galicia apoia as pretensións de Filipe de Anjou, futuro Filipe V o que conleva polo sistema de alianzas da época á apertura dunha fronte militar no: 1) sur de Galicia contra Portugal; 2) en todo o litoral contra a piratería inglesa; 3) nas serras orientais contra os partidarios do Archiduque Carlos.

(11) 8.3.1.2 (3).- Rematada a Guerra de Sucesión, Filipe V estableceu a Intendencia en A Coruña. A principal institución do novo organigrama político administrativo exercía as máximas competencias fiscais e militares da Coroa en Galicia. A súa consolidación tivo lugar durante o reinado de: 1) Luís I; 2) Fernando VI; 3) Carlos III.

8.3.2.- Desenvolvemento da economía galega no s. XVIII

(12) 8.3.2.1/2.- Ao largo do s.XVIII o sistema agrario galego chegou ao límite das sús posibilidades, tanto de extensión do “ager” como de fertilidade dos solos, e o crecemento da poboación acentuará a escaseza dando lugar a: 1) fames; 2) migracións estacionais; 3) a primeira é causa da segunda.

(13) 8.3.2.(3) 4.- As melloras técnicas e empresariais na pesca reflictan a introducción en Galicia desde o Mediterráneo dunha mentalidade burguesa. Entre as iniciativas endóxenas de desenvolvemento das novas estructuras económicas emerxentes (precapitalismo) salienta a personalidade : 1) de D. Raimundo Ibáñez; 2) do Marqués de Sargadelos; 3) un é o mesmo que o outro.

O SÉCULO XIX: O ESTADO LIBERAL

8.4.1.- O liberalismo en Galicia

(14) 8.4.1.1.- O manual afirma que a Guerra de Independencia tivo escasa incidencia no territorio galego. Pola contra, as festas institucionais (Reconquista en Vigo) e as populares (Os “xenerais” do introido no Deza) recollen profusamente a memoria daqueles anos. Entre as batallas destaca a de: 1) Pontesampaio; 2) Elvira (sic); 3) O Cañizo.

8.4.2.- O galeguismo.

(15) 8.4.2.1/2/3/4 Historiográficamente o carlismo galego, independentemente da participación campesiña, tiña un carácter político reaccionario. Derrotado o carlismo, o ideal rexionalista fronte á centralización administrativa liberal foi asumido polo pensamento democrático. Durante a Restauración as correntes conservadora e progresista estiveron personificadas en: 1) Manuel Brañas e Alfredo Murguía; 2) Alfredo Brañas e Manuel Murguía; 3) Eso, non ten interese por que foi hai moito tempo.

8.4.3.- As transformacións económicas.

(16) 8.4.3.1/2/3/4.- En contraposición co resto de España as leis desamortizadoras non supuxeron grandes cambios na estructura da propiedade da terra (os beneficiarios dos foros pasaron a ser burgueses de mentalidade rendista), o que aprazou a modernización do campo. No sector industrial, xunto o devalo da industria textil doméstica, destacan os progresos: 1) dos aserradeiros nas montañas; 2) das conserveiras nas Rías baixas; 3) dos encaixes de Camariñas.

(17) 8.4.3.6/7/8/9/10.- A estructura social durante o século XIX amosou un dinamismo moi escaso, que se reflicta: 1) na desvertebración liberal da sociedade tradicional; 2) na inexistencia case de feito de burguesía e de proletariado, 3) non hai contradicción entre as alternativas.

A ARTE E A CULTURA

8.5.1.- Aarte galega renacentista e barroca.

(18) 8.5.1.1/2/3.- Un dos trazos principais da arte galega no Antigo Réxime foi a súa riqueza, que se exemplifica no desenvolvemento monumental de Santiago de Compostela. Nomes fundamentais na arquitectura que non se poden deixar de mencionar son : 1) Domingo de Andrade e Casas Novóa; 2) Francisco de Moure e Mateo Prado; 3) Antonio Puga e Juan A. García de Bouzas.

8.5.2.- As achegas neoclásicas e o século XIX.

(19) 8.5.1.4/5/6 e 8.5.2.2.- Na escultura galega renacentista e barroca destaca pola esixencia do Cabildo compostelán a presencia de artistas extranxeiros que acabaron afincándose en Galicia, como os Gambino. Desta tradición xurdiría José Ferreiro. Entre as súa producción salientan a imaxinería do mosteiro de: 1) San Martín Pinario; 2) Sobrado dos Monxes; 3) San Benito de Lérez.

8.5.3.- O mundo cultural galego ata 1898.

(20) 8.5.3.1/2/3/4/5.- En contraste co esplendor literario medieval, a cultura galega non alcanzaría un papel relevante ata o s. XVIII cos ilustrados benedictinos Feixóo e Sarmiento e os renovadores da segunda mitade deste século das Luces. No oitocentos, emerxe un rexurdimento literario representado: 1) Eduardo Pondal e Curros Enríquez; 2) sobre todo por Rosalía de Castro; 3) dou por válidas as anteriores tal cal está redactadas.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.