Estudios Geográficos elimina las restricciones de acceso a esta edición electrónica

Febreiro 28, 2012 por
ESTUDIOS GEOGRÁFICOS (IEGD/CSIC) EN ABIERTO
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
La Revista Estudios Geográficosfue fundada en 1940 por el Instituto Juan Sebastián Elcano del CSIC. La revista publica artículos dedicados a la investigación científica en Geografía, noticias y comentarios, y reseñas bibliográficas de actualidad editorial. Desde 2005 se edita bianualmente.

Las aportaciones que recibe Estudios Geográficos son, tanto de carácter conceptual y metodológico, como de análisis del espacio y territorio geográficos, dando entrada también a artículos relacionados con otras ciencias afines como la cartografía, geología, ecología, ingeniería forestal, edafología, economía, demografía, sociología, etc. Recientemente, la revista ha estado atenta a las nuevas tecnologías de la información geográfica (Sistemas de Información Geográfica y Teledetección).

Estudios Geográficos está indizada en SCOPUS.

SJR 2011: 0,026
Posición: 308/449 (Q3, Geografía, Planificación y Desarrollo)
Fuente: ©2012 Scimago Research Group, Data Source: Scopus®

Estudios Geográficos facilita el acceso sin restricciones a todo su contenido desde el momento de su publicación en esta edición electrónica.

paisaxe e cultura; un post oportunista no estadio do curso de xeografia e historia de Galicia

Febreiro 13, 2012 por

“CULTURA E PAISAXE”

EDICIÓN A CARGO DE ROXELIO PÉREZ MOREIRA, FRANCISCO J. LÓPEZ GONZÁLEZ

Cultura e paisaxe están entre si intimamente vencelladas A cultura reflíctese na paisaxe de igual xeito que a paisaxe se espella na cultura. Así mesmo, a paisaxe é unha descuberta cultural, unha percepción emocional e intelectual da nosa mirada, que só existe dende o momento en que esta foi capacitada e cualificada culturalmente. As nosas paisaxes de hoxe en día son unha xenuína síntese de interaccións entre o natural e o cultural, depositarias duunha histórica connivencia entre as xentes e o medio. Por iso, a paisaxe é un legado secular da cultura á vez que é conformadora do noso imaxinario cultural, e, polo mesmo, unha fidedigna expresión territorial e indentitaria. Na actualidade tales vencellos entre o cultural e o paisaxístico préstanse a interpretacións multidisciplinares e son obxecto de estudo desde a arte ou a literatura ata os ámbitos do medioambiente, do territorio ou da identidade. Este libro achega unha ollada poliédrica e actualizada sobre estas complexas relacións entre cultura e paisaxe.

PAISAXE E CULTURA. RAMON OTERO PEDRAYO ET ALTERI

 

 

 

 

 

 

 

LIGAZÓN DE INTERESE

http://books.google.es/books?id=Lq-Uryz5WzkC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false

PAISAXES CULTURAIS E ARQUEOLOGÍA DA PAISAXE

(EXPOSICIÓN ITINERANTE)

http://digital.csic.es/handle/10261/22082

http://www.delegacion.galicia.csic.es/dgalicia/index.htm

RESUMO DA EXPOSICIÓN

A exposición, orientada ao público xeral, xira ao redor da paisaxe cultural e da arqueoloxía da paisaxe con Galicia como referente principal. Nun intre, no que a noción de “paisaxe cultural” está en auxe e acadamos unha visión completa do territorio, que vincula a acción humana co medio natural, esta exposición ten dous obxectivos principais: a) Por unha banda, achegarse ao patrimonio arqueolóxico dende unha perspectiva que transcenda o xacemento e busque nas pegadas da actividade humana na paisaxe, unha ampliación significativa do rexistro arqueolóxico. b) Por outra banda, amosar a interacción entre a acción social e a paisaxe, a través das súas pegadas conscientes (monumentos e/ou semantización da paisaxe) e inconscientes (modificación desta). A exposición fai un percorrido polo proceso de conformación sucesiva da paisaxe tradicional dende o paleolítico. Amósase como eran e como foron concibidas as paisaxes antigas, pero tamén, o que hai detrás de cada concepción da paisaxe, establecéndose unha comparativa entre as paisaxes galegas e as doutros proxectos nos que estivo implicado o noso grupo: Uruguai e Etiopía. A exposición divídese en cinco bloques temáticos: (1) Paisaxe cazadora das sociedades paleolíticas, (2) Paisaxe monumental neolítica, (3) Paisaxe dividida, construída na Idade do Bronce, (4) Paisaxe fortificada da Idade do Ferro e (5) Paisaxe tradicional, que dende o século IV d. C. chega ata os nosos días.

La exposición, orientada al público general, gira en torno al paisaje cultural y la arqueología del paisaje con Galicia como referente principal. En un momento, en el que la noción de “pasaje cultural” está en auge y obtenemos una visión completa del territorio, que vincula la acción humana y el medio natural, esta exposición tiene dos objetivos principales: a) Por un lado, acercarse al patrimonio arqueológico desde una perspectiva que trasciende el yacimiento y busque en las huellas de la actividad humana en el pasaje, una ampliación significativa del registro arqueológico. B) Por otro lado, mostrar la interacción entre la acción social y el paisaje, a través de sus huellas conscientes (monumentos y/o semantización del paisaje) e inconscientes (modificación de este). La exposición hace una recorrido por el proceso de conformación sucesivo del paisaje tradicional desde el paleolítico. Se muestra cómo eran y cómo fueron concebidos los paisajes antiguos, pero también, lo que hay detrás de cada concepción del paisaje, estableciéndose una comparativa entre los paisajes gallegos y los de otros proyectos en los que estuvo implicado nuestro grupo: Uruguay y Etiopía. La exposición se divide en cinco bloques temáticos: (1) Paisaje cazador de las sociedades paleolíticas, (2) Paisaje monumental neolítico, (3) Paisaje dividido, construido enla Edad del Bronce, (4) Paisaje fortificado dela Edad del Hierro y (5) Paisaje tradicional, que desde el siglo IV d. C. llega hasta nuestros días.

DESCRIPCIÓN DA EXPOSICIÓN

Paneis da exposición itinerante ´Paisaxes Culturais e Arqueología da Paisaxe´ Este traballo é a síntese de 15 anos de investigación desenvolvida polo Laboratorio de Patrimonio (LaPa) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), radicado no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) en Santiago de Compostela, e dirixido por Felipe Criado Boado. [ES] Paneles de la exposición itinerante Paisaxes Culturais e Arqueología da Paisaxe. Este trabajo es la síntesis de 15 años de investigación desarrollada por el Laboratorio de Patrimonio (LaPa) del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), radicado en el Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) en Santiago de Compostela, y dirigido por Felipe Criado Boado.

LIGAZÓNS:

http://digital.csic.es/bitstream/10261/22082/6/2009_

Paisaxes%20Culturais_CriadoOteroGonzalez_Paisaxe%20fortificada.pdf

http://digital.csic.es/bitstream/10261/22082/3/2009_

Paisaxes%20Culturais_CriadoOteroGonzalez_Paisaxe%20cazadora.pdf

http://digital.csic.es/bitstream/10261/22082/4/2009_

Paisaxes%20Culturais_CriadoOteroGonzalez_Paisaxe%20monumental.pdf

http://digital.csic.es/bitstream/10261/22082/5/2009_

Paisaxes%20Culturais_CriadoOteroGonzalez_Paisaxe%20dividida.pdf

http://digital.csic.es/bitstream/10261/22082/1/2009_

Paisaxes%20Culturais_CriadoOteroGonzalez_Diptico.pdf

http://digital.csic.es/bitstream/10261/22082/2/2009_

Paisaxes%20Culturais_CriadoOteroGonzalez_Presentacion.pdf

http://digital.csic.es/bitstream/10261/22082/7/2009_

Paisaxes%20Culturais_CriadoOteroGonzalez_

Paisaxe%20tradicional.pdf

Febreiro 13, 2012 por

APUNTAMENTOS DA HISTORIA DE GALICIA NO S. XIX 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PREME aquí para ler os apuntamentos

enma pérez-chacón, a xeografía das paisaxes e recursos web

Febreiro 11, 2012 por

CURRÍCULUM: DE EMMA PEREZ-CHACÓN

Doutora en “Xeografía e Ordenación do Territorio” pola Universidade de Toulouse-Le Mirail (Francia). Na actualidade é catedrática de xeografía  física pola Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, onde imparte docencia en materias relacionadas coa xeografía física e estudos da paisaxe. Ten publicados varios traballos sobre análise integrado da paisaxe e a súa aplicación na planificación territorial, prestando un especial interese ás alteracións antrópicas dos sistemas naturais. Participou en diversos proxectos de investigación relacionados coa avaliación do potencial do medio físico e o contido ambiental do planeamento urbanístico, desenvolvendo metodoloxías específicas. Na actualidade coordina o grupo de investigación da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria “Geografía Física y Medio Ambiente”  e dirixe o proxecto de investigación I+D “Modelización de los procesos naturales y análisis de las Dunas de Maspalomas (Gran Canaria, Islas Canarias)”.REN 2003-05947, financiado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Tamén coordinou a elaboración dos “Recursos didácticos en Geografía”, publicados na web da Asociación de Geógrafos Españoles e realizados en colaboración co Instituto Geográfico Nacional / Centro Nacional de Información Geográfica (Ministerio de Fomento).

APRENDER XEOGRAFIA DE ESPAÑA A TRAVÉS DA PAISAXE E COA WEB”.

O relatorio xira sobre dous eixes: por unha banda, vense a reflexionar sobre o interese de empregar o concepto de paisaxe como recurso didáctico para a ensinanza da xeografía de España; e pola outra, amósanse as posibilidades de incorporar ese concepto a través de recursos en liña deseñados con esa finalidade. Tamén  se presentan os resultados dunha avaliación inicial destos materiais, feita a través dunha experiencia piloto en curso.

A paisaxe representa un recurso didáctico excepcional para a ensinanza da xeografía en xeral, e da xeografía de España en particular. Abrangue a paisaxe como un sistema, permite integrar o obxecto territorial e o seu funcionamento socio-ecolóxico, a imaxe que éste proxecta e os efectos que produce no observador, así como os comportamentos sociais que se tiran de todo iso. Por conseguinte, aprender a “ler” na paisaxe abre un enorme campo de posibilidades, pois permite “ver” no territorio a expresión directa das complexas relacións que se establecen entre natureza e sociedade; analizalas, valorar a súas consecuencias e, ao mesmo tempo, reflexionar sobre a importancia da paisaxe na nosa calidade de vida. O emprego deste concepto como recurso didáctico permitiría superar os enfoques excesivamente cartesiáns que aínda se están a empregar, con moita frecuencia, na ensinanza da xeografía de España, onde o alumno percibe de xeito analítico os diferentes compoñentes (relevo, clima, vexetación, poboación, etc.), pero atopa dificultade para establecer interrelacións ente eles e, máis aínda, determinar como se expresan  nun territorio dado.

A incorporación de novas tecnoloxías nos procesos de ensinanza-aprendizaxe engade un compoñente de motivación importante no alumnado que ten unha cultura cada vez máis visual, onde Internet e o traballo a través do ordenador exercen un indubidable poder de atracción. En paralelo, os recursos empregados para impartir xeografía de España limítanse excesivamente á análise de datos estatísticos e textos, e poucas veces se empregan outros recursos como a cartografía, a fotografía aérea ou as imaxes concretas dos procesos territoriais que se explican. Por outra banda, os recursos didácticos en xeografía, dispoñibles na rede, atópanse moi dispersos e, ata non hai moito, eran realmente escasos.

Neste contexto, a Asociación de Geógrafos Españoles (AGE), en colaboración co Instituto Geográfico Nacional / IGN) e o Centro de Nacional de Información Geográfica (CNIG), plantexáronse  iniciar un proxecto para incorporar na rede recursos didácticos en xeografía. Desde xaneiro de 2005 xa están dispoñibles na web da Asociación de Geógrafos Españoles os primeiros módulos deste proxecto, que se irán incrementando progresivamente. Un deles está centrado nas paisaxes españolas, e o seu deseño ofrece material gráfico e cartográfico, así coma un breve texto explicativo, que permite organizar prácticas na materia de xeografía de España para o segundo curso de bacharelato. A aplicación permite elixir entre 38 exemplos de distintos tipos de paisaxes, estructurados seguindo os grandes bloques temáticos desta materia, e localizados en diferentes ámbitos xeográficos. Con este material levouse adiante unha experiencia piloto durante este curso, froito da cal obtivéronse interesantes orientacións didácticas e suxerencias para mellorar a citada web.

PÁXINAS WEB de interese:

- Asociación de Geógrafos Españoles:

HYPERLINK “http://www.age.es” , http://www.age.es

.No seu apartado de “Recursos didácticos” presenta un módulo adicado a paisaxe, con 38 fichas de diferentes paisaxes españois organizadas segundo a seguinte tipoloxía: naturais, rurais, industriais, turísticos, urbáns e “paisaxes problema”.

- Conseil de l´Europe (2000): Convention européenne du paysage. Série des traités européens nº 176. http:// HYPERLINK “http://www.coe.int”, www.coe.int

. Atópase o texto da Convención Europea da Paisaxe e as actividades relacionadas con esta iniciativa.

- Fundación “la Caixa” Obra Social. Educalia: HYPERLINK “http://www.educalia.org/”

http://www.educalia.org

. No apartado de Ensinanza Secundaria, e dentro de “Consigue un territorio sostenible”, atópase unha web adicada a paisaxe desde a súa perspectiva didáctica. A metodoloxía  estructúrase nos seguintes apartados: observa, clasifica, investiga e actúa.

- Instituto Geográfico Nacional: HYPERLINK “http://www.ign.es” , http://www.ign.es

.Ofrece información cartográfica de gran utilidade para a ensinanza da xeografía de España.

 

BIBLIOGRAFÍA de interese:

BENAYAS, J; HERAS, F.; VICENTE, J.; MARCÉN, C.; PINO, E.; PEDRO, J. (1994): Viviendo el paisaje. Guía didáctica para interpretar y actuar sobre el paisaje. Fundación NatWest, Fundación para la Investigación y el Desarrollo Ambiental, 151 p. Madrid.

BOLÒS, M., BOVET, M.T., ESTRUCH, X., PENA, R., RIBAS, J. y SOLER, J. (1992): Manual de Ciencia del Paisaje, Ed. Masson, 273 p., Paris.

BUREL, F. y BAUDRY, J. (2002): Ecología del Paisaje. Concepto, métodos y aplicaciones, Ed. Mundi-Prensa, 353 p., Madrid.

CABERO, V.; GARCÍA L.V.; MARTÍNEZ DE PISÓN, E.; MUÑOZ, J.; ORTEGA, N.; SANZ, C.; TROITIÑO, M.A.; ZOIDO, F. (1998): Paisaje y medio ambiente, Ed. Fundación Duques de Soria, Endesa y Universidad de Valladolid, 152 p., Salamanca.

CANCER, L.A. (1999): La degradación y la protección del paisaje, Ed. Cátedra, 247 p., Madrid.

MARTÍNEZ DE PISÓN, E. (1998): Imagen del paisaje. La Generación del 98 y Ortega y Gasset. Ed. Caja Madrid.  222 pp., Madrid.

PÉREZ-CHACÓN, E. (1999): Líneas metodológicas en los estudios de paisaje. Actas de Ponencias del III Congreso de Ciencia del Paisaje y Turismo, Universidad de Barcelona, Vol. III, pp. 65-102.

PÉREZ-CHACÓN, E. (2002): Unidades de paisaje: Aproximación científica y aplicaciones. En: Zoido y Venegas (coord..), Paisaje y ordenación del territorio. Consejería de Obras Públicas y Transportes de la Junta de Andalucía y Fundación Duques de Soria. Sevilla,  pp. 122-135.

ROUGERIE, G. y BEROUTCHACHVILI, N. (1991): Géosystèmes et paysages. Bilan et méthodes, Ed. Armand Colin, 302 p., Paris.

ZONNEVELD, I.S. (1995): Land Ecology, Ed. SPB Academic Publishing, 199 p., Amsterdam.

ZOIDO, F. Y VENEGAS, C. (coord.) (2002): Paisaje y ordenación del territorio. Consejería de Obras Públicas y Transportes de la Junta de Andalucía y Fundación Duques de Soria, 353 p., Sevilla.

INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL (2002): Imagen y paisaje. Ed.Inmstituto Geográfico Nacional/Centro Nacional de Información geográfica, Ministerio de Fomento, 227 p., Madrid.

homenaxe a d. antonio eiras roel

Febreiro 10, 2012 por

 

ANTONIO EIRAS ROEL

Mestre de historiadores e renovador do modernismo español

Fotografía: Fernando Bellas
María del Carmen Saavedra Vázquez
Profesora titular de Historia Moderna da USC
O profesor Antonio Eiras Roel é un dos historiadores españois de traxectoria máis brillante e recoñecida. Exerceu como catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela durante corenta anos e, baixo o seu maxisterio, formáronse varias xeracións de historiadores galegos e procedeuse á modernización da investigación histórica ao introducir en España a corrente metodolóxica francesa dos Annales.

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os inicios dunha carreira longa e fecunda

Antonio Eiras desenvolvería a súa longa traxectoria profesional na Universidade de Santiago de Compostela, institución na que ía crear unha das escolas de historiadores máis homoxéneas e de maior prestixio no país. Os comezos da súa carreira foron os habituais na súa época: en 1954 licenciouse na Facultade de Filosofía e Letras compostelá e obtivo o doutoramento tres anos máis tarde na Universidade Central de Madrid. Con este obxectivo, presentara unha investigación sobre o Partido Demócrata Español, un traballo de historia política realizado baixo os presupostos da historiografía alemá predominante naquel tempo. Deste xeito, o mozo Eiras revelábase coma un alumno aplicado e sobresaínte, aínda que cada vez máis insatisfeito co modelo historiográfico ao uso, como el mesmo recoñeceu nalgunha ocasión.
Malia isto, os primeiros anos tras a lectura da súa tese de doutoramento debeu dedicalos a consolidar o seu status académico seguindo o procedemento tradicional: en 1959 accede ao posto de profesor axudante de Historia Moderna e Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, ao ano seguinte ascenderá a profesor adxunto de Historia Moderna e en 1961 sae publicada a súa tese, o seu traballo máis importante ata entón, aínda que non o único.

 
Por eses anos pasaran a engrosar o seu currículo toda unha serie de artigos e publicacións centradas na historia política do século XIX español, a política de Filipe III e as relacións hispano-francesas no dito reinado. Será entón cando se inicie como director de traballos académicos, de modo que en 1964 se defenden as primeiras memorias de licenciatura realizadas baixo a súa dirección. Trátase de traballos de factura clásica e temática política, centrados en temas como a Guerra de Sucesión en Santiago de Compostela, os alzamentos realistas en Galicia durante o trienio constitucional ou as noticias documentais sobre Bárbara de Blomberg.

 
Porén, as limitacións propias da universidade da época e a necesidade de consolidar o seu status académico farán que teña que dedicar a maior parte da súa actividade, neses primeiros anos, a preparar as oposicións a cátedra, obxectivo que logra en 1965 tras superar a correspondente oposición en Madrid. Desde entón pasará a exercer como catedrático e director do Departamento de Historia Moderna da USC, tarefa que había de ocupalo durante case catro décadas.

 
O acceso á cátedra será un momento clave na súa carreira, non só polo que supoñía de promoción profesional, senón porque a partir dese momento poderá desenvolver o seu propio proxecto de traballo. Un proxecto destinado a cubrir os baleiros e as insatisfaccións xerados por uns modelos historiográficos positivistas e dominados pola política, os acontecementos e os grandes personaxes. Por aquel entón, as obras de Vicens Vives xa lle permitiran albiscar un inicio de novas temáticas e orientacións e os primeiros influxos europeos levárono a pensar en novas formas de concibir a historia e enfocar a investigación. Á súa calor, pronto se deixarían sentir en Santiago de Compostela as primeiras manifestacións da nova orientación dos estudos históricos.

 

A adquisición para a biblioteca universitaria das grandes monografías francesas da Escola de Annales e a subscrición a revistas como Annales E.S.C. ou Revue d´Histoire Economique et Social ían converterse no primeiro paso dun longo camiño. Tamén ía ser este un dos seus grandes legados, pois son moi poucas as universidades europeas que dispoñan a día de hoxe dun fondo bibliográfico semellante. Por encima de todo, no seu tempo habían de servir para modificar a orientación das investigacións, de modo que a partir de 1967 a temática das memorias de licenciatura realizadas baixo a súa dirección cambia radicalmente e nelas ábrense paso os estudos sobre prezos e salarios, a evolución demográfica ou as primeiras análises de xurisdicións concretas á maneira francesa.

 

Nesta mesma liña de renovación da práctica historiográfica, baixo a iniciativa do profesor Eiras creouse, en 1969, o Arquivo Histórico Universitario e incorporouse a este o fondo de protocolos notariais de Santiago de Compostela. Baixo a súa dirección procedeuse a organizar e inventariar tan enorme masa documental, un fondo que, no sucesivo, había de contribuír á formación de varias xeracións de estudantes de historia. Para os que fomos os seus alumnos, tivo o mérito de nos achegar ao verdadeiro traballo de historiador, de poñernos en contacto coa investigación e os documentos, de facernos entender que a construción da historia esixía rigor e método.

 

 

Antonio Eiras, o investigador pioneiro e o Mestre

Como el mesmo se encargou de subliñar, en 1970 sitúase o verdadeiro punto de inflexión na súa carreira de historiador. A asistencia ao V Congreso Internacional de Historia Económica de Leningrado marcou entón o seu auténtico cambio de rumbo e permitiralle entrar en contacto de maneira decidida coa historia cuantitativa e os seus cultivadores. A partir dese momento abriríase unha etapa na súa vida de investigación moi intensa que ía culminar na organización das I Xornadas de Metodoloxía Histórica Aplicada en 1973. Será un congreso fundamental na evolución da historiografía modernista española, ao que acudiron 500 asistentes de toda España, ávidos de coñecer de primeira man as novas maneira de facer historia e os grandes mestres franceses. Ademais, os traballos dirixidos por el acabarían publicándose nun libro xa clásico, Las fuentes y los métodos (1977), cuxa introdución foi considerada un auténtico manifesto dos principios metodolóxicos que el defendía e que lles transmitiu aos seus discípulos: a rexionalización, o comparatismo, a reflexión metodolóxica e a cuantificación.

 
En paralelo, o profesor Eiras dedicaríase a publicar multitude de traballos sobre demografía, consumo alimentario, salarios, historia cuantitativa, prezos e salarios, contabilidades hospitalarias, décimos… Ademais, serán anos de intenso maxisterio: nunha década dirixe 24 memorias de licenciatura e lense as primeiras grandes teses do modernismo galego: a de Baudilio Barreiro sobre a xurisdición do Xallas no século XVIII, a de J. M. Pérez García sobre a xurisdición da Lanzada no mesmo período e a de Laura Fernández Vega sobre a Real Audiencia de Galicia.

 
Como resultado deste intenso labor, a década seguinte estará marcada polo seu recoñecemento no eido internacional: en 1983 será nomeado vogal do Comité Español de Ciencias Históricas, en 1985 vicepresidente da Commision Internationale de Démographie Historique, en 1986 director de estudos asociado da École de París. Paralelamente, dedícase a impartir conferencias en París e Xenebra, a organizar a sección sobre Europa Occidental da Conferencia Internacional de Demografía Histórica de Stuttgart (1985), á que seguirá a súa participación nos congresos internacionais de Historia e Historia Económica de Berna (1986), París (1987) e Oslo (1988).

 
Tamén en España será obxecto de diversos nomeamentos: en 1987 será nomeado académico correspondente da Real Academia da Historia e, ao ano seguinte, será o primeiro presidente da Asociación Española de Historia Moderna, a entidade que agrupa os modernistas españois.
Lonxe de acomodarse na súa nova posición, Eiras seguirá mostrándose como un traballador incansable, empeñado en seguir abrindo novos camiños na investigación histórica. Entre as súas principais contribucións deste período cabería referirse á súa promoción do uso da documentación notarial entre os historiadores. A publicación en 1981 da Historia social de Galicia en sus fuentes de protocolos constitúe un fito neste sentido e volve incidir no seu dobre labor, como director de investigacións e como investigador interesado no achegamento a grupos concretos: as elites urbanas e a burguesía mercantil, neste caso.
Non obstante, non por iso ía abandonar as súas anteriores liñas de investigación e, en paralelo, seguiu publicando estudos sobre a gandería galega, a agricultura e o crecemento demográfico, investigacións que o converterían nun dos mellores coñecedores do Censo de Floridablanca. Xunto ao seu traballo persoal de investigación, tamén ía proseguir co seu maxisterio, unha tarefa que nos anos oitenta se revela fecunda, pois serán un total de 11 as memorias de licenciatura realizadas baixo a súa dirección. Por se fose pouca bagaxe, polos mesmos anos ían defenderse as teses de doutoramento dos que hoxe son recoñecidos como grandes historiadores galegos: Ramón Villares, Pegerto Saavedra, Hilario Rodríguez Ferreiro, Ofelia Rey e Concepción Burgo.

 
Ben entendido igualmente que o seu papel de docente non quedaba reservado aos grandes actos académicos. Os que tivemos a sorte de asistir ás súas clases lembramos perfectamente a seriedade das súas exposicións, a súa insistencia en presentar a realidade histórica desde perspectivas diversas, a súa perenne loita pola actualización dos coñecementos… Tamén lembramos o respecto que nos inspiraba, non tanto polo seu carácter reservado e un tanto serio coma polos seus coñecementos e a súa maneira de afrontar as clases. El tamén trataba os seus alumnos con respecto: o derivado dunhas clases ben preparadas, solidamente argumentadas e apoiadas nas últimas novidades bibliográficas. E esta maneira de proceder facía que tamén nós o recoñecésemos non só como profesor, senón como mestre.

 

A culminación dun proxecto vital

Nos anos noventa a vida académica de Antonio Eiras orientarase nunha dobre dirección: de consolidación do labor realizado, por un lado, e de apertura de novos campos de investigación, polo outro. Fiel a si mesmo, seguirá mantendo a súa vinculación coa investigación en demografía histórica, como se poría de manifesto en 1990 ao organizar a Conferencia Internacional de Demografía Histórica de Madrid sobre as migracións a longa distancia no seo do XVII Congreso Internacional de Ciencias Históricas. Desde entón, o tema das migracións ía converterse nun dos seus principais motivos de interese, como certifican o seu labor como coordinador das Actas de I Reunión Científica da Asociación Española de Historia Moderna sobre a emigración española a ultramar (1991), organizador da I Conferencia Europea da Comisión Internacional de Demografía Histórica sobre o tema migracións internas e media distancia en Europa (Santiago, 1993), así como as diversas publicacións e conferencias que sobre esta temática viron a luz neses anos.

 
Este renovado interese polas migracións, non obstante, non o levaron a esquecer ningunha das súas liñas de investigación precedentes, como se comprobaría en 1996 ao culminar un dos proxectos de investigación máis fecundos e que lle permitiron publicar unha extensa monografía, A población de Galicia, 1700-1860, onde desenvolvía os seus vastos coñecementos sobre a realidade demográfica galega.
Mentres proseguía co seu labor de investigador infatigable, tamén seguían os recoñecementos desde fóra e dentro de España: en 1993 será designado vicepresidente do Comité Español de Ciencias Históricas e dous anos máis tarde coordinador da Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da Universidade de Santiago de Compostela. Desde esta plataforma atraerá a Galicia a reputados especialistas no tema e promoverá novas publicacións, ao tempo que seguía exercendo labores de coordinación do grupo de investigadores integrados na área de Historia Moderna da USC. O froito dese labor había de plasmarse na coordinación de obras colectivas hoxe moi recoñecidas como Elreino de Galicia en la Monarquía de Felipe II (1998) e El reino de Galicia en la época del Emperador Carlos (2000).

 
Aínda que é verdade que por eses anos deixara de dirixir novas teses e se limitaba a orientar algunhas investigacións xa en marcha, non por iso ía abandonar o seu maxisterio nin ía deixar de investigar. Moi ao contrario, desde mediados da década dedicaría boa parte das súas enerxías a impulsar un novo proxecto, a publicación das actas das xuntas do reino de Galicia, que ocuparon o último tramo da súa vida académica.

 
Por esta vía, a historia política volvía figurar na súa axenda investigadora, aínda que os 14 volumes publicados baixo a súa dirección servirían para demostrar que se trataba dunha nova historia, afastada dos moldes clásicos da historia de acontecementos para incorporar os avances da disciplina. Non por casualidade, boa parte das súas contribucións nos diferentes volumes ía centrarse nos temas de fiscalidade, un campo no que a cuantificación se impón como mecanismo de interpretación da política.
Desde entón e ata a súa xubilación no ano 2001 (e aínda varios anos despois), seguiu investigando e orientando os que acoden a el en busca de consello, facendo gala do seu sincero compromiso coa historia e a universidade. Ademais, pode vangloriarse de ser profeta na súa terra, como se poría de manifesto en 1999 ao ser designado cronista xeral do reino pola Xunta de Galicia e no ano 2001 ao recibir o Premio Galicia de Investigación. Non obstante, coñecéndoo un pouco, cabe supoñer que este recoñecemento oficial non foi tan importante para el como o recoñecemento obtido de todos aqueles que nos beneficiamos das súas ensinanzas e do seu exemplo: o de historiador de raza, home de conviccións e auténtico mestre.

novo programa xeo das ppau; uudd 5 e 6

Xaneiro 24, 2012 por

TEMA 5 NATUREZA E MEDIO AMBIENTE DE GALICIA

 

ESQUEMA DA UNIDADE

5.1. O relevo de Galicia

5.2. Os climas e o medio natural de Galicia

TEMA (pregunta teórica)

· Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación.

- Diversidade climática.

- Os ríos de Galicia.

- A diversidade bioxeográfica.

PRÁCTICOS

- Comentario dun perfil topográfico O-E.

- Comentario de paisaxes naturais de Galicia (serras orientais, cuncas interiores e

tipoloxía das rías).

VOCABULARIO

Esteiro / Landa / Ría / Tómbolo (4)

 

TEMA 6 RISCOS E PROBLEMAS AMBIENTAIS

 

ESQUEMA DA UNIDADE

6.1. Repercusións ambientais da acción humana: Contaminación, cambio climático,

pegada ecolóxica.

5.2. Respostas e solucións cara á sustentabilidade.

5.3. A paisaxe:recurso común, interpretación e transformacións recentes.

5.4. O patrimonio natural español e categorías de protección.

TEMA (pregunta teórica)

· Repercusións ambientais da acción humana:

- Contaminación.

- Cambio climático.

- Pegada ecolóxica.

PRÁCTICOS

Os mapas poderán estar referidos a España ou Galicia.

- Mapas de riscos: xeolóxicos, climáticos (inundacións, temporais e secas).

- Estatísticas e mapas de erosión dos solos, desertización e incendios forestais.

- Comentario guiado de informes ou notas de prensa sobre contaminación.

- Mapas dos espazos protexidos (parques nacionais, parques naturais, reservas da

biosfera).

VOCABULARIO

Avaliación de impacto ambiental / Ecosistema / Efecto invernadoiro / Paisaxe (4)

http://ciug.cesga.es/PDF/xeodirec2012.pdf

 

ALGÚNS ENLACES RECOMENDADOS

A XEOGRAFÍA FÍSICA DE GALICIA

Atlas Climático de Galicia

http://unidades.climantica.org/resources/210/atlas.pdf

Información sobre as illas Cíes

http://es.wikipedia.org/wiki/Islas_C%C3%ADes  (ligazóns externos)

 

RISCOS E PROBLEMAS AMBIENTAIS

Contaminación de ríos en España

http://www.tecnun.es/asignaturas/Ecologia/Hipertexto/11CAgu/130RioLa.htm

Residuos sólidos urbanos

http://www.tecnun.es/asignaturas/Ecologia/Hipertexto/13Residu/110ReSolUrb.htm

Mapa de perigosidade sísmica

http://www.ign.es/espmap/mapas_riesgos_bach/Riesg_Mapa_03.htm

Mapa de riscos de desertificación

http://www.ign.es/espmap/mapas_riesgos_bach/Riesg_Mapa_08.htm

Mapas de riscos en xeral

http://www.ign.es/espmap/mapas_riesgos_bach.htm

Paisaxes naturais e problemas medioambientais

http://www.slideshare.net/xoseantongarcia/problemas-medioambientais-en-espaa-2861695

Riscos naturais en España

http://www.slideshare.net/xoseantongarcia/riscos-naturais-en-espaa

Pegada ecolóxica

http://gl.wikipedia.org/wiki/Pegada_ecol%C3%B3xica

http://www.youtube.com/watch?v=VNjnyjZYenQ

traballo de colaboración do departamento ccxh co departamento de inglés; proxecto Comenius

Xaneiro 18, 2012 por

TRABALLO DE COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE CCSS-XªHª DE GALICIA

No primeiro trimestre do curso actual recibimos no Departamento de CCSS unha solicitude da profesora Luz para participar co Departamento de Inglés no Proxecto Comenius que se ven desenvolvendo dende hai anos no noso Instituto de Santomé de Freixeiro (Vigo). O profesor responsable da colaboración, Eduardo, estendeu a súa vez a invitación a outros profesores do Seminario.

A proposta inicial dos centros implicados en Comenius consistía na elaboración, a partir de materiais da plástica galega e de temática femenina, dun collage orixinal a realizar polos alumn@s de 4º  de ESO. A delegación de  Eduardo, que se reservaba a selección dos documentos motivadores e contextualizadores da actividade didáctica, aos compañeiros supostamente máis competentes en contidos de historia da arte galega, consistía na selección  de obras artísticas significativas preferentemente accesibles na nosa cidade, que inicialmente deberían ser 5 e finalmente só poderán  ser, por razóns presupostarias, 3.

O traballo de selección foi desenvolvido polos  alumn@s de Xª-Hª de Galicia (2º bach). Nunha primeira fase, realizaron enquisas aleatorias na web que terían como producto a elaboración de primarias presentacións PPT  que favoreceran o intercambio da experiencia e a posta en común. De resultas desta actividade chegamos a unha conclusión: o carácter renovador da plástica galega quedaba oculto por unha temática de apariencia historicista e socialmente ruralista afastada das realidades inmediatas dos alumn@s, que só podía superarse cun traballo de información sobre a conciencia política (de política cultural) que os “novos” artistas galegos tiñan do papel transformador da arte na sociedade de masas contemporáneas. Estabamos nesta segunda etapa cando se produce o pasamento de  Isaac (só temos un Isaac, unha encarnación da ética de Castelao, que nos envolve a todos os galegos, sen excepción). Como  recoñecemento e homenaxe optouse  pola “SERIE MULLERES” da Colección Cerámica de Sargadelos como o instrumento que filtrara de xeito obxectivo as obras dos pintores a elexir entre os representados na viguesa Pinacoteca Municipal Quiñones de León.

A serie de mulleres deseñadas exclusivamente por Isaac son pezas numeradas (1-2000) de tamaño aproximado de 12/13 cms composta por 9 figuras de cor rosada e peinado característico dos deseños de Isaac, quen ten afirmado, non sabemos se en broma, que están inspiradas nas mulleres que coñeceu estreitamente ao largo da súa vida (todas as pezas estan identificadas con nomes propios). Como deciamos, tentamos rastrear na súa expresividade corporal o canon ideal da muller  segundo a iconografía máis figurativa da arte renovadora da plástica galega do século pasado.

Algúns ligazóns de interese:

http://antoncastro.blogia.com/2012/010602-isaac-diaz-pardo-unha-entrevista-con-xesus-fraga.php

http://arelarte.blogspot.com/2010/04/seoane-laboratorio-de-formas-de-galicia.html

http://www.almargen.com.ar/?p=660

http://mayores.uji.es/proyectos/proyectos2007/Sargadelosceramica.pdf

http://centros.edu.xunta.es/iesilladetambo/departamentos/XeografiaHistoria/

arteAna/asXXgallego.PDF

Finalmente  o escrutinio deu como resultado a seguinte selección:

1º) Roberto González del Blanco, A vendedora de froitas

2º) Carlos Maside García, “Lavandeiras ao abeiro do rio

3º) Manuel Torres González, “Campesiñas en repouso“.

Galicia durante os ss. XVI-XIX; enquisa test

Decembro 14, 2011 por

HISTORIA MODERNA E CONTEMPORANEA

GALICIA DURANTE OS SÉCULOS XVI A XIX

A EVOLUCIÓN DE GALICIA BAIXO OS AUSTRIAS.

8.1.1.- Organización institucional do reino de Galicia.

(1) 8.1.1.1/2/3.- A principios do s.XVI o reino de Galicia está integrado na Coroa de Castela. Na ausencia do rei, a maxistratura superior corresponde ao Gobernador que presidía a Audiencia (funcións executivas e xudiciais), establecida tralas revoltas irmandiñas da 2ª metade do s.XV con sede en: 1) A Coruña; 2) Santiago; 3) Vigo.

(2) 8.1.1.4.- A Xunta do Reino, constituida polos representantes das vilas galegas máis importantes, era a institución que, nominalmente máis que realmente, defendía os intereses de Galicia, sen representación nas Cortes de Castela ata o século: 1) XIX (1823); 2) XVIII (1723); 3) XVII (1623).

(3) 8.1.1.5.- A administración local estaba conformada polos Concellos, presididos por un : 1) Inquisidor; 2) Correxidor; 3) Contador de Facenda.

8.1.2.- As estancias rexias e os portos galegos.

(4) 8.1.2./2/3.- A importancia de Galicia na política da Monarquía é marxinal. Resulta significativa as escasas estancias reais no territorio galego, sempre con motivacións concretas moi interesadas para a Coroa (cfr., Carlos V e as Cortes de Santiago e A Coruña). Aínda así temos que salientar o labor diplomático do Conde de: 1) Lemos; 2) Monterrei; 3) Gondomar.

8.1.3.- A poboación.

(5) 8.1.3.1/2/3/4/5/6.- Durante o Antigo Réxime, a poboación de Galicia coñeceu un rexime de altas tasas de natalidade e mortalidade e consecuentemente dun crecemento moi lento. Habería , sin embargo, que diferenciar unha dinámica coa secuencia: 1) crecemento-crise-crecemento máis acusado; 2) crise-crecemento-crecemento máis acusado; 3) crise-crise menos acusada-crecemento.

ECONOMÍA E SOCIEDADE DURANTE OS Ss. XVI A XVII.

8.2.1.- A producción agraria.

(6) 8.2.1.1/2/3.- A agricultura galega nos ss. XVI-XIX coñeceu unha transformación espectacular a prol do aumento demográfico que se concretou no aumento do espacio cultivado e da productividade, pola supresión do barbeito e pola a introducción de novos cultivos, como: 1) o mijo; 2) a pataca; 3) o arroz.

(7) 8.2.1.4.- As prácticas agropecuarias en relación á estructura da propiedade da terra non amosou cambios desde a Baixa Idade Media coa consolidación dun complexo sistema de foros, especie de contratos: 1) de arrendamento; 2) de donación; 3) de compraventa.

8.2.2.- A artesanía, a pesca e o comercio.

(8) 8.2.2.1/2(3,4).- A producción artesanal e o comercio non experimentaron un crecemento comparable ás actividades agrarias ou as pesqueiras. Estas últimas, tiveron como incentivo a forte demanda: 1) portuguesa; 2) catalana; 3) castellana.

8.2.3.- A sociedade galega durante os ss. XVI e XVII

(9) 8.2.3.1.- Na estructura social de natureza estamental destaca a importancia do clero e da fidalguía na súa función de liderazgo e de encadramento da poboación, así como a organización dos sectores productivos para a defensa dos seus intereses corporativos en: 1) confrarías; 2) sindicatos; 2) irmandades.

8.3.- O SÉCULO XVIII: O REFORMISMO BORBÓNICO. 

8.3.1.- Política e administración na Galicia ilustrada.

(10) 8.3.1.1.- Na guerra de Sucesión (1700-14) coa que se instaura Monarquía hispánica unha dinastía borbónica, Galicia apoia as pretensións de Filipe de Anjou, futuro Filipe V o que conleva polo sistema de alianzas da época á apertura dunha fronte militar no: 1) sur de Galicia contra Portugal; 2) en todo o litoral contra a piratería inglesa; 3) nas serras orientais contra os partidarios do Archiduque Carlos.

(11) 8.3.1.2 (3).- Rematada a Guerra de Sucesión, Filipe V estableceu a Intendencia en A Coruña. A principal institución do novo organigrama político administrativo exercía as máximas competencias fiscais e militares da Coroa en Galicia. A súa consolidación tivo lugar durante o reinado de: 1) Luís I; 2) Fernando VI; 3) Carlos III.

8.3.2.- Desenvolvemento da economía galega no s. XVIII

(12) 8.3.2.1/2.- Ao largo do s.XVIII o sistema agrario galego chegou ao límite das sús posibilidades, tanto de extensión do “ager” como de fertilidade dos solos, e o crecemento da poboación acentuará a escaseza dando lugar a: 1) fames; 2) migracións estacionais; 3) a primeira é causa da segunda.

(13) 8.3.2.(3) 4.- As melloras técnicas e empresariais na pesca reflictan a introducción en Galicia desde o Mediterráneo dunha mentalidade burguesa. Entre as iniciativas endóxenas de desenvolvemento das novas estructuras económicas emerxentes (precapitalismo) salienta a personalidade : 1) de D. Raimundo Ibáñez; 2) do Marqués de Sargadelos; 3) un é o mesmo que o outro.

O SÉCULO XIX: O ESTADO LIBERAL

8.4.1.- O liberalismo en Galicia

(14) 8.4.1.1.- O manual afirma que a Guerra de Independencia tivo escasa incidencia no territorio galego. Pola contra, as festas institucionais (Reconquista en Vigo) e as populares (Os “xenerais” do introido no Deza) recollen profusamente a memoria daqueles anos. Entre as batallas destaca a de: 1) Pontesampaio; 2) Elvira (sic); 3) O Cañizo.

8.4.2.- O galeguismo.

(15) 8.4.2.1/2/3/4 Historiográficamente o carlismo galego, independentemente da participación campesiña, tiña un carácter político reaccionario. Derrotado o carlismo, o ideal rexionalista fronte á centralización administrativa liberal foi asumido polo pensamento democrático. Durante a Restauración as correntes conservadora e progresista estiveron personificadas en: 1) Manuel Brañas e Alfredo Murguía; 2) Alfredo Brañas e Manuel Murguía; 3) Eso, non ten interese por que foi hai moito tempo.

8.4.3.- As transformacións económicas.

(16) 8.4.3.1/2/3/4.- En contraposición co resto de España as leis desamortizadoras non supuxeron grandes cambios na estructura da propiedade da terra (os beneficiarios dos foros pasaron a ser burgueses de mentalidade rendista), o que aprazou a modernización do campo. No sector industrial, xunto o devalo da industria textil doméstica, destacan os progresos: 1) dos aserradeiros nas montañas; 2) das conserveiras nas Rías baixas; 3) dos encaixes de Camariñas.

(17) 8.4.3.6/7/8/9/10.- A estructura social durante o século XIX amosou un dinamismo moi escaso, que se reflicta: 1) na desvertebración liberal da sociedade tradicional; 2) na inexistencia case de feito de burguesía e de proletariado, 3) non hai contradicción entre as alternativas.

A ARTE E A CULTURA

8.5.1.- Aarte galega renacentista e barroca.

(18) 8.5.1.1/2/3.- Un dos trazos principais da arte galega no Antigo Réxime foi a súa riqueza, que se exemplifica no desenvolvemento monumental de Santiago de Compostela. Nomes fundamentais na arquitectura que non se poden deixar de mencionar son : 1) Domingo de Andrade e Casas Novóa; 2) Francisco de Moure e Mateo Prado; 3) Antonio Puga e Juan A. García de Bouzas.

8.5.2.- As achegas neoclásicas e o século XIX.

(19) 8.5.1.4/5/6 e 8.5.2.2.- Na escultura galega renacentista e barroca destaca pola esixencia do Cabildo compostelán a presencia de artistas extranxeiros que acabaron afincándose en Galicia, como os Gambino. Desta tradición xurdiría José Ferreiro. Entre as súa producción salientan a imaxinería do mosteiro de: 1) San Martín Pinario; 2) Sobrado dos Monxes; 3) San Benito de Lérez.

8.5.3.- O mundo cultural galego ata 1898.

(20) 8.5.3.1/2/3/4/5.- En contraste co esplendor literario medieval, a cultura galega non alcanzaría un papel relevante ata o s. XVIII cos ilustrados benedictinos Feixóo e Sarmiento e os renovadores da segunda mitade deste século das Luces. No oitocentos, emerxe un rexurdimento literario representado: 1) Eduardo Pondal e Curros Enríquez; 2) sobre todo por Rosalía de Castro; 3) dou por válidas as anteriores tal cal está redactadas.

programa de reforzo HCM de 1º bach

Outubro 24, 2011 por

RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES. 1º BAC

HMC 1º BAC

Os alumnos de 2º de BACHARELATO que teñan pendente a materia de HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO de 1º de BACHARELATO poderán recuperala por avaliación continua mediante a realización dunha serie de actividades elaboradas polo profesor responsable do seu seguimento e DOUS EXAMES PARCIAIS, nos que se dividirá a materia en dúas partes. Os exercicios deberán presentarse feitos ata o día do exame como data límite.

Haberá DOUS EXAMES PARCIAIS ao longo do curso e dividirase a materia da maneira seguinte:

1º PARCIAL: Unidades 1-2-3-4-5-6-7

2º PARCIAL: Unidades 8-9-10-11-12-13

(Libro de texto Historia do Mundo Contemporáneo. Edit. Santillana.

ISBN: 978-84-8224-836-3)

No caso de suspender o alumnado poderá presentarse ás PROBAS FINAIS da convocatoria de Maio coa totalidade da materia. Se suspenden en maio terán dereito a unha PROBA EXTRAORDINARIA en setembro.

O profesor responsable do seu seguimento será o que imparta clase no curso no que estea matriculado o alumno ou alumna, que será tamén  o encargado da elaboración, vixilancia e corrección dos exames parciais e a vixilancia e corrección dos exames de maio e setembro elaborados polo departamento.

Calendario de probas:

1º PARCIAL: martes, 17 de xaneiro de 2011, ás 17:00 h., nas aulas do primeiro andar.

2º PARCIAL: martes, 10 de abril de 2011, ás 17:00 h., nas aulas do primeiro andar.

CONVOCATORIA DE MAIO E SETEMBRO : data a determinar pola Xefatura de Estudos.

 

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Os contidos mínimos e os criterios de avaliación serán os que figuran na programación do departamento do curso 2010-11.

Criterios de cualificación:

A nota final será a media dos dous parciais. As actividades valoraranse 1 punto como máximo. Na convocatoria de maio e de setemebro a nota final será a do exame e puntuarase sobre 10.

Características das probas:

O alumnado deberá contestar 5 PREGUNTAS, cada unha das cales se valorará en 2 puntos e terá as seguintes características: Haberá unha pregunta de DEFINICIÓNS ou respostas curtas. Unha ou dúas de COMENTARIO de mapas ou gráficos e a 3ª, 4ª e 5ª de PREGUNTAS TEÓRICAS.

1º BACHARELATO

 

CONTIDO

1º PARCIAL

 

TEMA 1- O ANTIGO RÉXIME

  • Poboación, economía agraria e réxime señorial
  • A sociedade dos privilexios
  • O absolutismo e a súa práctica de goberno

Ilustración e crítica ao Antigo Réxime

ACTIVIDADES: Páx. 13. Cuestións de estudo: 1,2,3,4,5,6. Páx. 16. Cuestións de estudo: 7,8,9,10. Páx. 19. Cuestións de estudo: 11 y 12. Páx. 23: Cuestións de estudo: 13,14, 15 y 16. Páx. 26. Faino ti nº 22 e 23

TEMA 2 – A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

  • As orixes da revolución industrial
  • As industrias pioneiras
  • Transportes, comercio e capitais
  • A difusión da industrialización
  • Liberalismo económico e capitalismo
  • A sociedade de clases

ACTIVIDADES Páx. 46. PRÁTICAS, nº 25 Repaso do tema. Páx. 47. Traballo con documentos nº 26, 27 28 e 29.

TEMA 3- REVOLUCIÓNS LIBERAIS E NACIONALISMO

  • A revolución americana
  • As orixes da revolución francesa
  • A revolución francesa
  • A Europa napoleónica
  • Restauración e revolución en Europa
  • Os nacionalismos
  • Pensamento, ciencia e cultura

ACTIVIDADES Páx. 76. PRÁCTICAS. Repaso do tema nº 30. Páx. 77. Traballo con documentos nº 31, 32, 33, 34 y 35

TEMA 4- OS CAMBIOS SOCIAIS. ORIXES E DESENVOLVEMENTO DO MOVEMENTO OBREIRO

  • Unha sociedade urbana e industrial
  • O predominio burgués
  • Problemas sociais da industrialización
  • As bases ideolóxicas do movemento obreiro
  • Orixes e desenvolvemento do movemento obreiro
  • A Primeira Internacional

ACTIVIDADES páx. 85, Cuestións de estudo: 1,2,3. Páx. 87, Cuestións de estudo 4,5,6,7. Páx. 91, Cuestións de estudo 8,9,10,11. Páx. 93, Cuestións de estudo 12, 13, 14, 15. Páx. 97, Cuestións de estudo 16, 17, 18, 19, 20. Páx. 99, Cuestións de estudo 21, 22, 23, 24, 25. Páx. 101 nº 28.

TEMA 5-  AS GRANDES POTENCIAS EUROPEAS

  • A Inglaterra victoriana
  • Francia: do II Imperio á III República
  • O II Reich alemán
  • Os imperios plurinacionais
  • As relacións internacionais

ACTIVIDADES Páx. 123. Traballo con documentos nº 24, 25, 26, 27 y 28.

ACTIVIDADES Páx. 124 e 125. Técnicas de Historia.

TEMA 6- SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E IMPERIALISMO

  • A segunda revolución industrial
  • A expansión demográfica e as grandes migracións
  • O imperialismo europeo
  • O imperialismo non europeo

ACTIVIDADES Páx. 153. Traballo con documentos nº 21, 22, 23 y 24

TEMA 7- A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

  • As causas da guerra
  • A Gran Guerra
  • Os tratados de paz e o novo mapa de Europa
  • As consecuencias da guerra
  • A Sociedade de Nacións e os problemas da posguerra

ACTIVIDADES Páx. 165. Cuestións de estudo 1, 2, 3, 4 y 5. Páx 169, Cuestións de estudo 6, 7, 8 y 9.Páx 171, Cuestións de estudo 10, 11, 12, 13 y 14. Páx. 173, Cuestións de estudo 15, 16 y 17. Páx 175, Cuestións de estudo 18, 19 y 20. Páx. 177 Traballo con documentos nº 22, 23, 24 y 25.

 

2º PARCIAL

TEMA 8- A REVOLUCIÓN RUSA E A URSS

  • A Rusia tsarista a comezos do século XX
  • A revolución de febreiro de 1917
  • A revolución de outubro e o nacemento da URSS
  • A URSS baixo a ditadura de Stalin

ACTIVIDADES Páx. 197. Traballo con documentos nº 21, 22, 23 y 24. Páx. 198 e 199 Técnicas de Historia nº 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33 y 34

TEMA 9- OS PROBLEMAS ECONÓMICOS DE ENTREGUERRAS

  • Os desequilibrios de la economía mundial
  • A fráxil recuperación dos anos 20
  • O crack de 1929 e a gran depresión
  • As políticas económicas fronte á depresión
  • Unha sociedade en transformación

ACTIVIDADES páx. 219. Traballo con documentos nº 24, 25, 26 e 27

TEMA 10- O ASCENSO DOS TOTALITARISMOS FASCISTA E NAZI

  • Democracias e ditaduras na Europa de entreguerras
  • Ideoloxías e bases sociais do fascismo
  • A Italia fascista
  • A alemaña nazi

ACTIVIDADES Pax. 225, Cuestións de estudo 1, 2, 3, 4 y 5. Páx. 227, Cuestións de estudo 6, 7, 8, 9, 10, 11 y 12. Páx. 231, Cuestións de estudo 13, 14, 15, 16 y 17. Páx. 237, Cuestións de estudo 18, 19, 20, 21 y 22

TEMA 11- A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

  • Orixes e causas da guerra
  • O desenvolvemento da guerra
  • A “nova orde” nazi en Europa
  • As consecuencias da guerra

ACTIVIDADES Páx. 248, Cuestións de estudo 1, 2, 3 y 4. Páx. 253, Cuestións de estudo 5, 6, 7 y 8. Páx. 255, Cuestións de estudo 9, 10, 11, 12 y 13. Páx. 259, Cuestións de estudo 14, 15, 16, 17 y 18. Páx 261 Traballo con documentos nº 20.

TEMA 12- A GUERRA FRÍA

  • Xénese da Guerra Fría
  • A máxima tensión
  • A coexistencia pacífica
  • Rebrote e final da guerra fría

ACTIVIDADES páx. 289, Traballo con documentos nº 25 e 26. Páx. 290, PRÁCTICAS. Faino ti nº 27, 28, 29, 30, 31 e 32. Páx. 291, Comprender o presente. Cuestións nº 33, 34, 35, 36 e 37.

TEMA 13- DESCOLONIZACIÓN E TERCEIRO MUNDO

  • Concepto e causas da descolonización
  • Etapas do proceso descolonizador
  • A descolonización de Asia
  • Oriente Próximo
  • A descolonización de África
  • A herdanza colonial

ACTIVIDADES páx. 315. Traballo con documentos nº 27, 28, 29 e 30. Páx. 316, O comentario dun mapa histórico nº 31, 32, 33 e 34. Páx. 317, Existe a África subsahariana?, Cuestións 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41 e 42.

 

CONTIDOS MÍNIMOS

 

  • Coñecer as transformacións sociais e económicas da Europa do Antigo Réxime.
  • Localizar nun eixe cronolóxico as personaxes e os feitos históricos máis salientados da historia de Europa nos séculos XVII e XVIII.
  • Coñecer os problemas derivados do estancamento agrícola e do reparto desigual das terras na sociedade do Antigo Réxime.
  • Explicar as características da industria e das manufacturas tradicionais.
  • Analizar o papel do comercio marítimo no século XVIII e as políticas mercantilistas que aplicaron as monarquías absolutas para favorecer as exportacións.
  • Describir a xerarquización da sociedade estamental, identificando os dereitos e deberes dos grupos privilexiados e non-privilexiados.
  • Explicar a forma de exercer o poder das monarquías absolutas.
  • Sintetizar as causas que desencadearon a caída do Antigo Réxime.
  • Identificar as bases teóricas e os principais pensadores da Ilustración.
  • Recoñecer os intentos reformistas do despotismo ilustrado.
  • Coñecer as principais transformacións que se produciron en Gran Bretaña como consecuencia da primeira Revolución Industrial.
  • Identificar os avances técnicos da Revolución Industrial e os sectores industriais pioneiros e recoñecer os factores que permitiron o aumento da productividade.
  • Explicar as causas do crecemento demográfico do século XVIII.
  • Recoñecer os factores que estimularon a mecanización da industria téxtil e os seus efectos no incremento da producción.
  • Analizar a importancia do capital e dos investimentos na economía industrial.
  • Explicar a doutrina do liberalismo económico e identificar ós seus defensores.
  • Comprender o funcionamento do capitalismo industrial e os cambios experimentados na organización do traballo.
  • Entender o poder económico e político da burguesía na sociedade industrial, e reflexionar sobre as condicións sociolaborais da clase obreira.
  • Describir o crecemento e a evolución das cidades derivados da industrialización, así como as transformacións que experimentou a estructura familiar.
  • Identificar a pervivencia da sociedade do Antigo Réxime nos países europeos.
  • Recoñecer as principais causas da Revolución Francesa, identificar cronolóxicamente os momentos álxidos que a marcan e entender as súas repercusións a longo prazo.
  • Identificar o proceso de xurdimento do bonapartismo.
  • Analizar a época da Restauración e comprender o seu contido ideolóxico-político.
  • Describir as diferentes fases da revolución liberal e entender as consecuencias que tivo nos diferentes países europeos.
  • Identificar as diferencias entre o mapa europeo do Congreso de Viena e o posterior a 1848.
  • Coñecer os procesos de unificación política de Italia e Alemania.
  • Coñecer as manifestacións do nacionalismo fóra de Europa.
  • Comprender o rápido proceso de modernización económica, social e política de Xapón no século XIX.
  • Utilizar correctamente o vocabulario histórico de cada época.
  • Analizar as condicións de vida e de traballo do proletariado durante o século XIX, comparándoas co estilo de vida da burguesía industrial e das novas clases dirixentes.
  • Recoñecer as causas da conflictividade laboral do movemento obreiro e o xurdimento das primeiras formas de asociacionismo e de sindicalismo.
  • Explicar as características de movementos como o ludismo e o cartismo, e saber contextualizalos no espacio e o tempo.
  • Entender os postulados teóricos do socialismo utópico.
  • Describir as relacións entre a burguesía liberal e o movemento obreiro xurdidos das revolucións de 1848.
  • Coñecer as bases da teoría marxista, as súas obras e os seus principais defensores.
  • Explicar as causas que provocaron a creación da Primeira Internacional.
  • Coñecer cómo evolucionou o anarquismo a finais do século XIX, prestando especial atención ó proceso de configuración do anarcosindicalismo.
  • Entender o papel da Segunda Internacional na evolución do socialismo.
  • Utilizar correctamente o vocabulario específico deste período.
  • Coñecer a organización política e a estructura social da Inglaterra victoriana.
  • Coñecer a importancia dos movementos sufraxistas na loita pola consecución do dereito ó voto da muller.
  • Analizar as causas da proclamación da III República francesa, a súa liña de actuación política e os problemas que tivo que afrontar.
  • Recoñecer as repercusións políticas, económicas e ideolóxicas das unificacións italiana e alemana.
  • Describir a organización política, socioeconómica e territorial do Reich imperialista e da Italia unificada.
  • Recoñecer os elementos conservadores dos “antigos imperios” (austro-húngaro, ruso e otomano) e comparalos coas novas potencias europeas.
  • Describir os sistemas de alianzas políticas que se estableceron entre as potencias europeas, de 1870 a 1914, centrándose, principalmente, na política exterior de Bismarck.
  • Recoñecer as innovacións técnicas da Segunda Revolución Industrial.
  • Coñecer as principais consecuencias da Segunda Revolución Industrial, en canto ó incremento da producción e os cambios na organización do traballo.
  • Analizar as causas e as consecuencias da expansión imperialista europea do último cuarto do século XIX.
  • Analizar o reparto de África e a ocupación de Asia a partir de mapas históricos.
  • Describir as formas de organización e explotación dos territorios coloniais e valorar as súas repercusións na actual situación económica e social destes países.
  • Coñecer as causas que desencadearon a Primeira Guerra Mundial.
  • Describir as relacións internacionais previas á guerra, os intereses das grandes potencias e os conflictos que propiciaron as condicións idóneas para o estalido da guerra.
  • Coñecer as alianzas entre os dous bloques enfrontados na Primeira Guerra Mundial.
  • Explicar as causas inmediatas do estalido da Gran Guerra.
  • Analizar as causas da extensión e mundialización do conflicto.
  • Explicar o resultado dos tratados de paz e valora-la función das organizacións nacidas despois da guerra para garantir a paz e fomentar a colaboración internacional.
  • Valorar as repercusións económicas, políticas e territoriais da Gran Guerra, cen-trándose no novo mapa de Europa despois do conflicto.
  • Coñecer as características do Imperio tsarista a principios do século XX.
  • Identificar as causas que desencadearon a revolución de 1905.
  • Explicar cómo se produciu a revolución de febreiro de 1917 e a caída do tsarismo.
  • Recoñecer o papel das ideas de Lenin no desenvolvemento da revolución.
  • Describir cómo se produciu a toma do poder na xornada revolucionaria de outubro e cómo se concretou a construcción do primeiro Estado socialista.
  • Explicar a función dos diferentes órganos que formaron o novo Estado soviético.
  • Coñecer os principais conflictos da guerra civil e analizar as súas consecuencias.
  • Describir os cambios que supuxo a aplicación da Nova Política Económica.
  • Analizar o impacto que a revolución rusa tivo no resto de Europa e valora-las medidas adoptadas para difundir as ideas comunistas.
  • Explicar as medidas políticas e económicas adoptadas polo estalinismo.
  • Coñecer a represión e a política de terror exercida por Stalin durante os anos trinta.
  • Entender as relacións internacionais da URSS desde 1917 ata 1941.
  • Identificar as consecuencias económicas e os grandes desequilibrios financeiros internacionais xurdidos da Primeira Guerra Mundial.
  • Entender as causas que explican o gran crecemento económico e a supremacía dos Estados Unidos durante os anos 20.
  • Analizar as causas que provocaron o crac bolsista de 1929 e o desencadeamento da depresión económica xeneralizada.
  • Comparar as medidas tomadas por diferentes gobernos para intentar recuperar a economía.
  • Entender os elementos clave da doutrina económica proposta por Keynes.
  • Relacionar a situación de crise económica dos anos 30 e os antecedentes históricos de Italia e Alemaña coa aparición do fascismo italiano e o nazismo alemán.
  • Describir os factores que favoreceron o ascenso dos fascismos ó poder.
  • Coñecer a ideoloxía e os intereses políticos e económicos dos réximes fascistas.
  • Recoñecer as principais características da dictadura fascista italiana en materia política, económica e social.
  • Identificar os principais trazos da ideoloxía nazi: fanatismo, pureza racial, persecución das minorías, antisemitismo, etc.
  • Coñecer as causas que desencadearon a Segunda Guerra Mundial.
  • Identificar as ofensivas máis importantes da Segunda Guerra Mundial e explicar a evolución do conflicto mediante a observación e a interpretación de mapas históricos.
  • Describir as ofensivas aliadas que provocaron o afundimento das potencias do Eixe.
  • Valorar as dimensión económicas e sociais do conflicto e a transcendencia histórica do bombardeo atómico sobre Hiroshima e Nagasaki.
  • Coñecer as consecuencias inmediatas da guerra e a evolución do proceso de paz.
  • Reflexionar sobre a traxedia do holocausto xudeu.
  • Coñecer as principais conferencias de paz celebradas despois do conflicto.
  • Valorar a importancia da creación da ONU e describir a composición.
  • Analizar os cambios territoriais do mapa europeo despois da Segunda Guerra Mundial
  • Coñecer as causas que explican a polarización do mundo en dous bloques antagónicos.
  • Comprender a evolución dos EE UU e a URSS trala Segunda Guerra Mundial.
  • Analizar a situación de Alemaña como eixe principal de diversos acontecementos da Guerra fría: do bloqueo de Berlín á caída do muro.
  • Identificar as guerras de Corea e Vietnam como conflictos enmarcados no período da Guerra fría, e constatar a aparición de China como unha potencia mundial.
  • Analizar as causas e as consecuencias da “crise dos mísiles”.
  • Explicar as razóns que conduciron ó período de “coexistencia pacífica” dos anos 50 e 60, salientando os esforzos por limitar a carreira armamentista.
  • Enumerar os conflictos dos anos 70 que provocaron o retorno á bipolarización.
  • Analizar as causas da intervención de Estados Unidos en Latino América e, en especial, o soporte dado ós réximes dictatoriais; e identificar algúns dos principais protagonistas dos movementos revolucionarios centroamericanos.
  • Coñecer os factores que permitiron o proceso de descolonización a partir da Segunda Guerra Mundial, e identifica-las súas principais etapas.
  • Recoñecer a importancia da conferencia de Bandung no proceso descolonizador.
  • Entender o concepto de neocolonialismo e analizar os problemas derivados da nova orde económica internacional.

contidos mínimos de xeohisarte de Galicia; programación curso 2011-12

Setembro 25, 2011 por

PROGRAMACION CURSO 2011-12

CONTIDOS MÍNIMOS DE XEOGRAFÍA, Hº E ARTE DE GALICIA

  • Identificar as características máis destacadas do relevo de Galicia.
  • Coñecer os principais dominios bioclimáticos.
  • Recoñecer as características da vexetación e solos .
  • Identificar o tipo de poboamento do habitat galego.
  • Analizar algúns exemplos representativos das paisaxes xeográficas resultantes da actividade humana no medio natural.
  • Describir, a partir da observación da realidade, de fotografías, mapas e textos, as principais características do medio galego.
  • Analizar algúns dos riscos e problemas medioambientais máis graves da comunidade: explotación desordenada dos recursos, lixos urbanos e industriais e incendios forestais, e avaliar os perigos que supoñen.
  • Coñecer as características económicas e sociais da cultura castrexa.
  • Valorar a importancia do foro en Galicia como fórmula  básica de contrato agrario feudal.
  • Recoñecer a importancia do Camiño de Santiago e as peregrinacións na acumulación de poder económico das ordes monásticas.
  • Situar cronolóxicamente os acontecementos e procesos máis relevantes da historia de Galicia.
  • Describir  a organización territorial específica galega: parroquias e vilas.
  • Coñecer as orixes da lingua galega e situar no tempo as épocas de esplendor, séculos escuros e rexurdimento.
  • Identificar as dúas guerras irmadiñas situándoas no contexto dos conflictos entre nobreza e monarquía absoluta do século XIV.
  • Coñecer as primeiras institucións de Galicia como froito da pacificación imposta polos Reis Católicos tralas guerras irmandiñas: Capitanía Xeral, Real Audiencia de Galicia e Xunta do Reino.
  • Distinguir a ideoloxía e as tendencias políticas máis relevantes en cada etapa da evolución do galeguismo: provincialismo, rexionalismo e nacionalismo.
  • Recoñecer as peculiaridades do proceso desamortizador do século XIX en Galicia.
  • Valorar o traballo dos diputados do partido galeguista na Constitución de 1931 e o Estatuto de Autonomía de 1936.
  • Coñecer os aspectos máis destacados do Estatuto de Autonomía de 1936 comparándoo co actual.
  • Coñecer o proceso de formación e as funcións das institucións galegas actuais: Xunta de Galicia  e parlamento.
  • Recoñecer os elementos da arquitectura románica galega relacionados co Camiño de Santiago así como os edificios máis representativos.
  • Recoñecer as caracteríusticas e os edificios máis importantes do Barroco galego.
  • Identificar as obras dos autores maís importantes da arte contemporánea galega e as vangardas.
  • Clasificar empresas, a partir de datos concretos, segundo os seus trazos diferenciais e identificando as súas diferentes aportacións sociais e económicas á sociedade galega.

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.